Donnerstag, Oktober 01, 2009

Iniciativas Melenudas Silentes De Outono

Despois de, afortunadamente..., ter pasado as calores e a desidia cultural do verán e coincidindo co comezo dos primeiros fríos do outono, hai mesmo iniciativas melenudas que deben ser salientadas por éste conde xermánico, por ter éstas moito xeito e continuar coas tradicións silentes dos seus antergos.

O domingo é o día por antonomasia do cinema silente ( pra algúns mesmo é o día do Herr, pero iso xa é outro cantar gregoriano, mesmo pra un aristócrata luterano... ), o día da semana no que no teatro do Schloss se celebra a grande festa do cinema silente, mentras se toma un cocktail ou dous durante a proxección do filme en cuestión, o mesmo que acontecía nalgúns teatros de algures noutrora, moito máis modestos e sen a mesma decoración rococó do Schloss, natürlich!, ainda que coa mesma funcionalidade de difundir a inexistente palabra silente.

O “Bar Ultramarinos” ven de rescatar esa grande tradición silente de ollar filmes durante a xornada dominical pra as clases populares, unha grande iniciativa na que as xente ordinaria poderá entón ter outra alternativa pra as tediosas tardes dese día da semana, mentras poden degustar mesmo, non un elegante cocktail, natürlich!, senón algo máis acaído á condición proletaria coma é un chocolate con churros...

Os filmes a exhibir durante o mes de Outubro son catro grandes clásicos, "The General" (1926) de Herr Bruckman & Keaton, "Metropolis" (1927) de Herr Lang, "Nosferatu" (1922) de Herr Murnau e "City Lights" (1931) de Herr Chaplin, que os mais mozos poderán descobrer e disfrutar por primeira vez grazas a éstes melenudos que non pensan só en futbol ou en revolucións bolcheviques...

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

Keine Kommentare: