Sonntag, November 23, 2008

Forthcoming DVD Releases


Great, long awaited news for all the silent film fans around the silent world announcing a new DVD from "Filmmuseum"( they do excessive modernen discs for an old German aristocrat…).

Among many superb restored silent editions that the longhaired youngsters at the "Filmmuseum" have in preparation, this Herr Graf wants to emphasize the forthcoming release of Herr Karl Heinz Martin's "Von Morgens Und Mitternacht”. This fascinating, avant-garde and Expressionist silent film treasure has been needing for much too long a decent and sparkling restoration to finally replace the blurry bootlegged copies owned by decadent collectors.

Save your money in this time of financial crisis not for the holidays but so that you may buy those excellent and superb "Filmmuseum" DVD editions!.

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

2 Kommentare:

Miguel R. Fervenza hat gesagt…

Hai bastante tempo que o teñen anunciado (por bastante tempo refírome a polo menos 6 meses, que foi cando pasei eu por esa páxina que vencella), a ver se non tarda moito en saír do forno. Eu tiven a sorte de poder ve-la (non vou citar o nome do conde silente xermánico que ma proporcionou, para que non se pense que se relaciona con melenudos sen pedigree) e dende logo será un auténtico pracer poder ver unha copia restaurada.

Xa que estamos e que vostede sabe o idioma, o título debería ser (é de feito): "Von Morgens bis Mitternachts", entendo que os eses marcan o plural? Onde se perdeu o ese (porque a cousa vén de lonxe), xa non llo sei (dende logo a obra de Kaiser tamén o levaba), nin sei o porqué.

Uns meses atrás escribín este diálogo imaxinario ao respecto:

http://recantosilente.blogspot.com/2008/08/o-ese-perdido.html

Melenudos saúdos

Ferdinand Von Galitzien hat gesagt…

Mein lieber Herr Holm:

Este conde xermánico celebra que os melenudos do "Filmmuseum" fagan as cousas amodiño e así, paseniñamente, restauren o filme de Heinz Martin que boa falta lle fai, pois mesmo semella que a copia do Schloss está en mellores condicións que a que circula polos antros melenudos...

Ah, a falta de respecto ó idioma de Goethe!!... non se estrane desas perdas de letras teutónicas, é algo habitual entre os que descoñecen a enérxica e enrevesada língua xermánica, mesmo éste Herr Graf ás veces non sabe nin o que dí, coma pra escreber correctamente eses confusos parlamentos...

Por certo, sabe éste Herr Graf que vostede recentemente puido ollar o filme de Herr Reinert, "Nerven" acanda éste Herr Von, grazas a unha desas táboas anunciadoras que se poden contemplar en certos diarios melenudos modernos.
Coma éste Herr Graf tamén estaba transcribindo os seus confusos razonamentos teutóns anteriormente citados encol do devandito filme, optou éste aristócrata teutón por non lér as suas opinións respecto do filme ( non fose ser que vostede influíse pérfidamente nos razoamentos silentes teutóns ), até esta fin de semana na que se publicará a review de "Nerven" no diario moderno deste Herr Graf, momento no que aproveitará entón este aristócrata pra lér a súa crítica e ollar así se hai mesmo coincidéncias positivas ou negativas sobre tan peculiar filme.

¡Ah, que nervos máis oportunos!.

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien