Mittwoch, Juli 25, 2007

Von Galitzien's Silent Day



É tempo de festa xermánica, tempo de reinvindicación silente ( é mesmo tempo de apropiarse dos berros e balbordos melenudos por parte das clases diletantes aristocráticas... ), por iso mesmo, cando as calores estiváis e estes dias feriados comezan a aparecer e mesmo a ser sofridas alén do aristocrático Schloss, é tempo de que este Herr Graf percure eses destinos xeados, ignotos e tranquilos ( dos que terán vostedes boa conta ) e a tono coas suas gordas e ricas herdeiras xermánicas, unha perfecta desculpa, ésta, pra alongar o tempo de folgamento anual aristocrático asemade prolongar o pracer de partillar con todos os vostedes nun futuro teutón, eses filmes silentes que tanto nos asombran, maravillan e surprenden despois de transcorridos máis de 100 anos.

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

4 Kommentare:

Miguel R. Fervenza hat gesagt…

A aristocracia xermánica si que sabe como festexar!

Pablo*NSN hat gesagt…

Espero haya tenido V.E. un salutífero día. Le dedico múltiples inclinaciones de tronco de grados diversos y genuflexiones a discreción.

Ferdinand Von Galitzien hat gesagt…

Mein lieber Herr Holm:

O folgamento é dende logo unha das artes ( con permiso das soirées vocexantes operísticas en Bayreuth ) máis practicadas pola aristocrácia, mesmo en vilas ateigadas de melenudos revolucionários...

Mein lieber Herr Pablo:

Debería usted tener cierto cuidado con esas sus ciertas posiciones und genuflexiones corporales, siempre y cuando sean manifestadas éstas ante miembros regios de su ordinario país ( Germania queda exenta de ciertas provocaciones pacatas provincianas ), so pena de ser usted excomulgado y juzgado por añejos guardianes de los sacrosantos deberes del decoro y las buenas formas que, por lo visto, aún persisten e incluso existen en sus más inmediatos alrededores y circunstancias.

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

Unknown hat gesagt…

I do not know Spanish and would be grateful for a translation .