Freitag, September 05, 2008

LIB: "O Xiro Postal" de Ousmane Sembène


Prosegue éste Herr Graf coas extravagancias lectoras estivais tan características da aristocracia, un hábito inusual e imprópio éste das clases elevadas, certamente, mais xustificado para poder, posteriormente, epatar ó decadente círculo aristocrático situado nas beiras do Schloss en calquera das moitas soirées de estío, mesmo comentando, os mais afoutados, o que eses devanditos libros conteñen entre as súas páxinas!!.

Desta volta e por mor das malignas influencias de Herr Martin Pawley, un melenudo de espírito mais alopécico de condición, a escolla literária recaíu en “O Xiro Postal” ( Le Mandat ) de Herr Ousmane Sembène, unha interesantísima obra verquida ó xermánico por Dame Isabel García Fernández e editada pola imprescindíbel “Rinoceronte”, excelsa editora pola que os melenudos que se gaben de selo, deberían formar parte se queren ser revolucionários nun futuro incerto.

Cunha “simple” historia coma a chegada dun xiro postal a nome de Herr Ibrahim Dieng, veciño éste dun barrio pobre de Dakar, de parte do seu sobriño emigrado na Franza, Herr Sembène, cunha prosa directa e sen artificios, reflicte e disecciona unha sociedade, a senegalesa dos anos 60, e as contradiccións nas que vive inmersa, un país subdesenvolvido, con arcaicas tradicións que difícilmente conviven cunha suposta modernidade, nunha desigual batalla de incertezas e certo desencanto.

As contínuas tribulacións que sofre o protagonista da novela pra poder facer efectivo o cobro do xiro postal, convírtese en metáfora lúcida desa incertidume e ambivaléncia da sociedade na que transcurre a história ( emigración, dependencia económica, colonialismo, pobreza, dualidade lingüística, relixión e superstición ), por outra banda, referentes socioculturais esenciais dentro da obra de Herr Sembène, tanto literária coma cinematográfica ), unha loita desigual e mesmo inútil a que sofre Herr Dieng e a súa particular odisea ( variada e esencial é a galería de persoaxes que van aparecendo na novela, que coas súas actitudes e intereses persoais van provocando contínuos e mesmo inesperados acontecementos ), aderezando o relato o autor con hábitos e particularidades culturais autóctonas, que por outra banda son en moitos caos fácilmente extrapolables e recoñecíbeis en moitas das sociedades actuais, asemade engadir Herr Sembène, un sibilino sentido traxicómico ó relato, conseguindo engaiolar ó lector cunha obra na que en pouco máis de cen páxinas, se describe de xeito crítico, incisivo, ameno e mesmo esperpéntico, as vicisitudes dun particular e iluso Quixote africano inmerso nunha desigual batalla cunha sociedade repleta de intereses encontrados e egoístas.

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

4 Kommentare:

Jesús Cortés hat gesagt…

Debe admitir Her Graff que un aristócrata alemán de ancestral abolengo, escribiendo en galego sobre una película senegalesa es como mínimo divertido. Y luego hablan de multiculturalidad en esos ferrotipos de las 9. Los de su clase podrían dar unas buenas lecciones (de pago).
De paso le pido me resuelva una duda. ¿Había visto Murnau "White shadows in the south seas" de Van Dyke para hacer "Tabu"?.
Wilkommen!

Anonym hat gesagt…

Un aspecto interesante da novela é que Ousmane Sembène non pretende crear un protagonista admirábel e simpático que provoque especial compaixón no lector; antes polo contrario, Ibrahim Dieng é máis ben unha bestiña, feito máis acusado aínda no filme "Mandabi" (en parte polo ton case caricaturesco que lle outorga o actor Makhouredia Gueye). A mensaxe é potente: un sistema inxusto só pode producir resultados inxustos que non fan distincións entre as súas vítimas.

Ferdinand Von Galitzien hat gesagt…

Mein lieber Herr Cortés:

No sabe éste su Herr Von de qué se extraña usted ante el hecho de que la aristocracia germánica se jacte de ser políglota ( aunque usted no se lo crea, ésta palabra teutónica no es un vocablo malsonante... ), pues centurias e invasiones europeas varias así lo certifican y avalan...

En referencia al filme de Herr Van ( que no Von... ) Dyke que usted ha mencionado, ciertamente ha estado usted muy sagaz y sibilino, pues efectivamente, existe una "conexión" Murnauófila con dicha obra pues en principio Herr Flaherty ( responsable también del excelso filme "Tabu", como usted bien conoce ), era el director originalente asignado para dirigir "White Shadows In The South Seas", pero finalmente y debido a ciertas interferencias y disparidades de opiniones respecto del argumento entre los funcionarios del estudio y el susodicho, otorgaron finalmente la dirección de dicho filme a Herr Van Dyke.

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

troncha hat gesagt…

como se nota que en veranito, nos da más por estar pendientes de la lectura.

Saludos...