Donnerstag, August 28, 2008

LIB: "Man In The Dark" de Paul Auster


Coma recentemente comentaba éste Herr Graf neste diario moderno, durante o tempo de lecer estival ( inscrito éste dentro do lecer anual… ), a aristocracia xermánica gosta de pasatempos certamente triviais, mesmo bizarros pra dese xeito mantenerse entretidos durante as longas tardes de verán decadente, e pra constatar e dar fe luterana destes hábitos extravagantes mentres o teatro silente do Schloss permanece pechado, éste Herr Von ten que declarar que, MEIN GOTT!!!... leu un libro!!... ( acaso non oen vostedes dende os seus rústicos fogares, as gargalladas estentóreas dos veciños aristócratas deste Herr Graf cando tiveron noticia de tanta ousadía e atrevemento literario??... ).

“Man In The Dark” é o novo libro do escritor americano Herr Paul Auster, un autor polo que éste aristócrata teutón sinte certa predilección e sigue dende fai unha chea de anos.
Fronte as últimas e zigzageantes obras de Herr Auster, en “Man In The Dark” prodúcese un reencontro có mellor, logrado e característico estilo do escritor de Brooklyn.
“Man In The Dark” é, por se había algunha dúbida, un bo exemplo da fascinante prosa e grande capacidade de fabulación de Herr Auster, un relato engaiolante que seduce ó lector dende o comezo e que ó xeito dunha “matriuska”, esas enrevesadas bonecas rusas, Herr Auster vai fiando unha historia tras outra cunha suposta facilidade e inventiva que sorprende e interesa definitivamente ó lector.

Convalencente dun accidente de tráfico, August Brill gosta inventar historias coas que encher as longas noites de de insomnio que padece de xeito crónico.
A mistura de historias é diversa, dispar, casando perfectamente unhas con outras: o relato de ciencia ficción-contemporánea que vai debullando Brill, dá paso ás lembranzas familiares, conxugando pasado e presente, cuestións traumáticas familiares diversas nas que son protagonistas tamén a filla e a neta de August Brill ( confesións dolorosas e a aceptación do inxusto e inexorable paso do tempo ( “the weird world rolls on” ) ), nas que a pesares do desencanto e as pequenas dosis de esperanza que fluctúan continuamente na obra, tamén hai lugar para ese humor particular do escritor americano que gosta xogar con expresións e xogos de palabras, incluíndo además doses de cinefilia ( mágoa que desta volta non sexa silente… ) e as habituais referencias literarias.

Her Paul Auster é un magnífico fabulador coa capacidade de contar historias que mesmo ás veces semellan intranscendentes, mesmo triviais, mais que grazas á inventiva e a orixinal prosa do autor americano, adquiren unha extraña importancia, esas que posúe a vida mesma e as súas situacións ordinarias, cotidianas e que son elevadas á categoría de excepcionais dun xeito mesmo perturbador polo escritor americano, todo iso, que non é pouco nin baladí, pódese atopar na súa nova obra, “Man In The Dark”.

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

3 Kommentare:

Richard hat gesagt…

Mi estimado Herr Graf: Compré "The New York Trilogy" de Auster hoy antes de leer tu comentario más reciente sobre el autor neoyorkino. ¿Otra "coincidencia aristocrática", no? Saúdo!

Ferdinand Von Galitzien hat gesagt…

MEIN GOTT!!... Estas coincidencias ciertamente "Austerianas", comienzan a ser ya preocupantes teniendo en cuenta la disparidad existente entre las ambas dos clases sociales envueltas en tales azares... la mejor solución para evitar dichos contratiempos será que éste Herr Von abandone la excentricidad de leer libros, o mejor aún, cualquier texto, algo que las meninges aristocráticas agradecerán, por cierto, debido al enorme esfuerzo que ello requiere.

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

Anonym hat gesagt…

Agardo expectante algún comentario sobre a novela "O xiro postal" do excelso (e nada aristocrático) escritor e cineasta senegalés Ousmane Sembène, agora que xa sei que a leu no verán.