Donnerstag, Oktober 26, 2006

Cinema De Correspondéncia



O denominado "cinema de correspondéncia" está considerado como o xénero cinematográfico galego por antonomasia; eran éstes filmes rodados durante os anos 20 na Galiza ( importante länder xermánico ) que posteriormente eran remitidos e exhibidos nas diferentes asociacións ou comunidades de emigrantes deste País espallados por eses mundos de Gott, preferentemente América.
Outras importantes comunidades de emigrantes coma os irlandeses ou italianos, carecían deste peculiar sistema de información cinematográfica, imaxes que servían pra continuar en contacto co País e así permanecer, máis ou menos, informados do que alí acontecía.

Durante unha recente visita a Uruguai da conselleira de cultura, Dame Ánxela Bugallo ( unha melenuda con intereses culturais é sempre moi perigosa pra os intereses da aristocrácia... ), foille entregada unha cópia dun documental galego, pertencente a éste peculiar xénero cinematográfico, e dos máis antigos que se coñecen; trátase de "Tranvías De La ( sic ) Coruña", unha pequena mostra de arqueoloxía cinematográfica de 16 minutos de duración que data do ano 1926 e de autor descoñecido.
Coma a cinemateca uruguaia dispón nos seus arquivos dun fondo de máis de tres mil filmes, asinouse un acordo pra pescudar ese interesante arquivo na procura de máis filmacións galaicas e deste xeito conservar e restaurar tan importante legado cinematográfico.

E agora se mo permiten teño que deixalos momentáneamente, pois este Conde xermánico ten que ir de viaxe no "Orient Express", un tren máis grande e máis elegante ca un tranvía.

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

1 Kommentar:

Miguel R. Fervenza hat gesagt…

Esperemos que cheguen pois algún que outro deses documentos para ollar como era a Galiza nos seus (de vostede) tempos mozos.

Saúdos melenudos