Montag, Februar 18, 2008

GUte Nacht


Magnífica soirée a que se celebrou esta noite no Schloss, grazas ós servizos musicais da cantante xermánica Dame Ute Lemper, unha artista teutona de voz prodixiosa, fascinante presenza no escenario e repertorio decadente ( tan decadente é Dame Lemper que mesmo ten predilección e canta pezas musicais afrancesadas públicamente!!… ) no que se revisitaron grandes obras musicais ambientadas durante a época de mocidade deste aristócrata teutón, aló durante a República de Weimar, unha saudosa viaxe musical ó Berlín máis irreverente, iconoclasta, crítico e efervescente artísticamente da época, un tempo único, irrepetíbel.

Estiveron no escenario con Dame Lemper, desvergonzadas frauleins daqueles atrevidos tempos, coma Dame Lola, Dame Sally ou mesmo Dame Lili, acompañadas éstas, natürlich! de apropiados Herren coma Macheath, Weill e Brecht, unha compaña perfecta pra que un decadente aristócrata xermánico tivese unha exemplar GUte Nacht.

E agora se mo permiten teño que deixalos momentáneamente, pois éste aristócrata teutón ten que continuar co seu cabaret.
Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

2 Kommentare:

Anonym hat gesagt…

Great soirée. Ute es magnífica. Lembra a los tiemps de Ufa. Abr. Paulo

Anonym hat gesagt…
Der Kommentar wurde von einem Blog-Administrator entfernt.