Dienstag, September 12, 2006

BIB: "O Bosque Dos Raposos Aforcados" de Arto Paasilinna



Unha das sorpresas máis agradábeis do último verán ( asemade facer saltar a banca de Montecarlo á conta da fortuna das grosas herdeiras teutonas ) foi a lectura por parte de Günthell, pois os aristócratas nos acostumamos a empregar o noso prezado tempo con ese decadente pasatempo ( como moito ás veces lémos os comentários sinxelos que aparecen ao pé dunha ilustración elegante de calquer incunábel que adornan as bibliotecas aristocráticas ), do libro “O Bosque Dos Raposos Aforcados” ( Hirtettyjen Kettujen Metsä ) do escritor finlandés Herr Arto Paasilinna.
O humor frío, distante e acedo do devandito escritor finlandés que emprega de xeito soberbio para relatar as aventuras dun exquisito ladrón, Oiva Juntunen, nos xeados escenarios nórdicos de Laponia a onde fuxe e nos que ser verá rodeado de estranos e inesperados convidados, é do gosto e prace deste aristócrata xermánico, pois posúé Herr Paasilinna grandes doses de ironía que se dosifican atinadamente durante toda a novela, unha novela negra no fondo e forma, onde tamén atopa o lector un lirismo máxico e mesmo exótico nos escenarios lapóns, unha combinación realmente sorprendente e que descobre un narrador especialmente hábil á hora de urdir tramas e empregar as palabras.

Hai que dar os parabéns aristocráticos ( un leve movemento do sobrecello ) á novísima editora xermánica Rinoceronte cuio loábel proxecto de ofrecer ao lector que habita mais aló do Schloss, traducións de narrativa contemporánea e clásica de literaturas e autores diversos, pouco coñecidos e sempre apreciábeis ( magnífico o traballo tradutor o de Herr Tomás González Ahola coa obra de Herr Paasilinna ) en libros moi cuidadosamente editados, son un agasallo excepcional pra estas latitudes teutonas e moi apreciadas polas clases aristocráticas e mesmo as proletárias, a pesares de estar máis afeitas éstas últimas ás lecturas de panfletos subversivos.

E agora se mo permiten teño que deixalos momentáneamente, pois éste Conde xermánico ten que quecer externamente o seu corpo, á beira da magnífica lareira do Schloss e internamente cun delicado grolo de Porto.

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

2 Kommentare:

Anonym hat gesagt…

Anybody there?

Ferdinand Von Galitzien hat gesagt…

Ja Wöhl!... a preguntas sucintas melenudas, respuestas escuetas germánicas.

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien