Samstag, Mai 03, 2008

Silentes Soirées Pra Melenudos


Coma vostedes coñecen ben, éste Herr Graf posúe un decadente cinema no Schloss que lle permite ollar coa esixencia e privacidade pertinente, os filmes silentes arquivados no humido soto do devandito Schloss, dese xeito evítase ter que sair fora de tan escuro e lúgubre recinto pra visionar eses filmes de outrora; ainda tendo en conta estes típicos e lóxicos privilexios aristocráticos, éste Herr Von celebra ( calquera excusa é boa pra poder comezar unha soirée... ) que de cando en vez tamén os melenudos que non teñen fortunas persoais ( ou alleas ) e que de tódolos xeitos demostran estar igualmente interesados polo cinema silente, teñan tamén a oportunidade de poder asistir a magníficas proxeccións mudas tal e como acontecerá en breve nas inmediacións do Schloss.


Nesta segunda edición dese mini-ciclo silente, poderánse ollar grandes e moi coñecidas obras mestras cómicas ( excelente excusa pra que éste Herr Graf non saia do seu refuxio xermánico, pois hai que manter o rictus teutón intacto ), proxeccións silentes que irán acompañadas de música en directo, salientábel feito éste que convirte esas sesións silentes nunha magnífica oportunidade, con inconfundíbel e fascinante ambiente decadente, pra melenudos con curiosidade silente que deseguro ficarán definitivamente atrapados nas gadoupas do irrepetíbel cinema mudo.

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

Keine Kommentare: