Dienstag, Juli 25, 2006

¿¿Xa Chegou A Revolución?!



Surprendido, éste Conde xermánico, cando estaba disposto a dar a dose de azoutes matinais aos seus criados coma se de un reconstituinte se tratase, ouvíu e ollou alén dos grosos muros do Schloss, coma unha manda de melenudos vociferantes e descontrolados ondeaban bandeiras reinvindicativas enfronte desta residéncia aristocrática; afortunadamente e depois de poñer aos servizos de seguridade xermánica en alerta pra evitar asaltos e sorpresas ordinarias á beira das dependéncias teutonas, "Die Organizationen" informou a éste o seu Presidente de honra, que non había motivo de inquedanza pois todo continuaba atado e ben atado, pois mesmo o Presidente dese melenudos con aspiracións revolucionárias, estaba nese mesmo intre reinvindicativo, pregándolle a un santo do longo devocionário luterano que lle arranxase os problemas humanos e mesmo divinos, un acto iluso que demostra, coma dirían os decadentes aristócratas italianos, que "cambiou todo pra que todo continúe coma estaba".

E agora se me permiten teño que deixalos momentáneamente, pois este Conde xermánico ten que facer unha ofrenda a San Pallada.

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

Keine Kommentare: