Estáse a celebrar alén do Schloss e nun perigoso antro modernista, o "CGAC" ( un lugar onde os melenudos botan a pacer as súas máis incríveis e tolas ideas ou creacións ) un ciclo de cinema denominado "Ficcións E Alteracións Da Realidade" , en onde se proxectan, acorde co escenário no que se desenrola o devandito ciclo cinematográfico, filmes bizarros e alucinados sonoros, ainda que afortunadamente tamén se lembraron dos seus avós ( pois tamén eles foron moi modernos e irreais ainda que vostedes nó crean ) exhibindo magníficas obras coma "Die Abenteuer des Prinzen Achmed" (1926) de Dame Lotte Reiniger, "Nosferatu" (1922) de Herr F. W. Murnau e "Metropolis" (1927) de Herr Fritz Lang, filme este último que será exhibido este vindeiro domingo día 21 sempre e cando unha exposición ou performance coas últimas tolemias melenudas o permita.
Herr Graf Ferdinand Von Galitzien
Abonnieren
Kommentare zum Post (Atom)
Keine Kommentare:
Kommentar veröffentlichen