Sonntag, Dezember 31, 2006

2007


Os anos van pasando mais a fascinación dos filmes silentes continúa intacta tanto pra melenudos coma pra os aristócratas xermánicos e probabelmente nen revolucións proletárias, gordas herdeiras xermánicas, criados reivindicativos ou a chegada dun novo ano teutón, poderán pór en perigo a vixencia desas magníficas obras mestras dos nosos devanceiros.

Que vostedes continúen a desfrutalas perante o ano 2007 tendo sempre en conta a humidade do Schloss…

E agora se mo permiten teño que deixalos momentáneamente, pois este Conde xermánico ten que asistir ó baile de Aninovo a celebrar na embaixada Prusiana e na compaña dunha rica herdeira magra, austriaca e abstémia…, dende logo, unha noite tola agarda a éste Herr Graf…

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

2 Kommentare:

Miguel R. Fervenza hat gesagt…

Confiemos en que este 2007 traia consigo gordas herdeiras (abstemias ou non) con nitratos inéditos agochados nos máis escuros recunchos de sotos e criptas familiares. Por outro ano tan prolífico como o que rematou, que sigamos coñecendo cine silente a través da súa literatura.

Saúdos melenudos.

Ferdinand Von Galitzien hat gesagt…

Éste conde xermánico fai un brinde ó sol ( pois lóxicamente vostede, pola súa condición de melenudo, non ten a oportunidade de dispor neste intre dunha copa de cristal de Bohemia, chea ésta de delicado viño do Rhin... )polos seus votos e desexos pra este ano recentemente inaugurado.
Asemade e seguramente por mor dos efectos etílicos do anteriormente mencionado viño xermánico, éste seu Herr Graf está lixeriamente colorado polas suas esaxeradas verbas encol da hipotética literatura teutona...

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien