Herr Martin Pawley citou a Dame Riefenstahl: "O presidente da empresa cinematográfica española CEA, o señor Rodiño, propuxérame un documental sobre España. Empecei a ocuparme dese tema. Tres veces viaxara por España, do sur ao norte, de oeste a este. Visitara as cidades e as aldeas, aos ricos e aos pobres, e coñecera un país de extremos contrastes. Así atopei o meu título, "Sol e sombra". Non só nas prazas de touros existían localidades de "sol e sombra", senón que este contraste dábase en moitas outras cousas.
Fronte á fertilidade tropical que reinaba no sur, os floridos xardíns de Granada e de Sevilla, os verdes bosques e os frescos prados de Galiza, as exuberantes laranxeiras de Valencia e os fértiles viñedos de Cataluña... a seca. Desapiadado arde o sol nas mesetas de Castilla, desoladas aparecen as xigantescas montañas da provincia de Soria... estepas de kilómetros de lonxitude, sen unha soa folla de herba nin un só arbusto. A natureza dese país é inconmensurábel e os constrastes enormes. O mesmo acontece tamén coas persoas. Que diferencias entre os españois ricos, os príncipes da Igrexa, os toureiros e as persoas traballadoras de todas as clases e capas sociais, os traballadores do porto e as pescadoras, os billeteiros e as froiteiras, os camareiros, os limpabotas e os máis pobres dos pobres que van por aí malvivindo! Non só me atraían os aspectos sociais, senón tamén outras cousas, especialmente os singulares monumentos arquitectónicos. Vin os debuxos da Cova de Altamira que foron feitos moito antes da nosa era. A súa forza lumínica e a súa modernidade admiran aínda hoxe.
Visitei a catedral de Burgos, expresión de Occidente, a mesquita fabulosamente fermosa de Córdoba, a sagrada montaña de Montserrat, o Escorial coa súa lúgubre severidade e (que contraste!) a ledicia da Alhambra, que se proxecta torrencialmente cara o ceo e a luz, na miña opinión a máis fermosa de todas as obras de arquitectura creadas por mans humanas. O guión do seu proxecto de documental estaba estruturado nos seguintes capítulos: Os gorrións de Deus, Encaixes de Valencia, Goyescas, Bosque dos camelos salvaxes, O feiticeiro de Toledo, Laranxas e sal, A pecadora de Granada, A raíña castelá, A festa de San Fermín, Carmen e Don Juan."
Á vista dos títulos, non parece que en ningún deles puidera ter presenza o noso país. O que si cabe supoñer é que durante a súa estadía en Galiza Leni Riefenstahl había de tirar proveito da súa cámara. Cantas fotografías sacaría da nosa terra? Estarán aínda na súa casa perto do Lago Starnberg, nese inmenso arquivo que sorprendeu á editora de Taschen por estar meticulosamente ordenado?".
Herr Graf Ferdinand Von Galitzien dictou: "A carreira cinematográfica de Dame Riefenstahl está chea de proxectos inacabados ou frustrados, sobretodo despois da finalización da II Guerra Mundial, cando a directora alemana foi vilipendiada e censurada prácticamente até a súa morte pola súas simpatías nazis.
Na súa “fantástica” autobiografía as únicas referéncias a “Galicia” son as seguintes: “Russian were demanding territories conquered by German troops in Galicia”[…] sendo evidente que se trata da “Galicia” polaca.
Dame Riefenstahl realizou varias viaxes por España entre os anos 30-40, sobretodo pra as localizacións e a rodaxe do polémico filme “Tiefland” (1944-1954), destacando a directora alemana, ademáis de varias referéncias a Madrid e Barcelona, na súa autobiografía, varias impresións das devanditas viaxes, só a varias cidades castellanas e andaluzas: “I gazed, astonished, at the ancient walls in Avila, the interior courtyards in Salamanca, the churches in Burgos and, above all, Cordova […]”, sendo improbável que a directora alemana viaxase a Galiza simplemente porque os motivos profesionais eran os que únicos e os que máis interesaban a Damen Riefenstahl.
Por certo, “Tiefland” é un filme bastante simplista, con preferencia por tópicos ou idealizacións, tan queridos pola cineasta alemana, de tódolos xeitos e ademáis pola súa accidentada rodaxe e motivos extra-cinematográficos, é un filme que paga a pena ollalo."
Herr Martin Pawley respostou: "Ferdinand, non só non é improbábel senón que é seguro que estivo en Galiza, como se desprende do texto que puxen no post que pertence á súa autobiografía, esa que vostede cita en inglés. Leni viaxou a España en diversas ocasións, antes e despois da rodaxe de Tiefland, filme feito a principios dos 40 pero que non foi estreado até o 54. O texto que copiei -da súa autobiografía, insisto- correspóndese cun proxecto de documental proposto por unha produtora española que finalmente non chegou a facerse. A última vez que Leni estivo en España, case centenaria, foi nunha homenaxe no Festival de Cine de Sevilla, imaxes esas que se recollen no pack de DVD editado por Cameo."
Herr Graf Ferdinand Von Galitzien inquiríu: "Pois éste aristócrata teutón no dá atopado esa cita autobiográfica de Dame Riefenstahl na súa edición inglesa, a editada por "Picador", USA no ano 1992... polo que se agradecería indicase en qué capítulo cita a directora alemana a súa viaxe ao noso País, ese tan exhuberante segundo as verbas de Dame Leni... "
Und Herr Martin Pawley engadíu: "Capítulo Viaje por España da sección La posguerra, páxina 371 na edición castelá editada por Taschen no 2000."
Abraiado, Herr Graf Ferdinand Von Galitzien comentou: "Este aristócrata teutón, ainda que xa padece algo semellante ao Alzheimer e non lembra con exactitude os seus anos mozos aló durante a República de Weimar, sí lembraba non ter lido absolutamente nada encol da referéncia galaica na edición inglesa da autobiografía da directora alemana e tras as súas indicacións, as sospeitas xermánicas foron confirmadas... Misteriosamente ese capítulo non aparece no apartado que vostede menciona nin en ningún outro, só, como xa comentara éste Conde xermánico, hai mencións hispánicas nas referencias anteriormente citadas e sempre relacionadas co filme "Tiefland". Dende logo éste é un asunto ben estrano ( que haberá que pescudar... ) e por iso mesmo, moi axeitado pra o seu excelente diário moderno."
E finalmente Herr Martin Pawley esclareceu: "Pois non é ese o único capítulo que non aparece na edición de Picador, tal e como pode comprobarse comparando a súa táboa de contidos coa da edición española de Taschen."
Publicado en "Dias Estranhos".
Dienstag, Juni 20, 2006
Abonnieren
Kommentare zum Post (Atom)
Keine Kommentare:
Kommentar veröffentlichen